Políticas de Calidad y Medio Ambiente

POLÍTICA DO SISTEMA INTEGRADO DE CALIDADE, MEDIO AMBIENTE E SEGURIDADE E SAÚDE

Empresa Montañesa, S.L., dedicada ao transporte de viaxeiros por carretera, conscientes da importancia da calidade no servizo, o respecto polo medio ambiente e a saúde laboral, ten promovido diferentes iniciativas orientadas a súa mellora. Continuando con esta traxectoria, dende a Dirección de Empresa Montañesa, S.L. decidiuse implantar un Sistema Integrado de Xestión da Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saúde  que sexa efectivo e eficiente.

Para garantir a implantación deste Sistema Integrado de Xestión, Empresa Montañesa, S.L. leva a cabo anualmente auditorías internas e externas que certifican o cumprimento das normas UNE-EN ISO 9001:2015, UNE-EN ISO 13816:2003, UNE-EN ISO 14001:2015 e OHSAS 18001:2007.

As premisas nas que se sustenta o Sistema Integrado de Xestión, e que son ao mesmo tempo o marco de referencia para o establecemento dos nosos obxectivos e metas, son as seguintes:

  • Compromiso de cumprimento da lexislación e regulamentación existente.
  • Compromiso de prevención dos danos e do deterioro da saúde dos nosos traballadores.
  • Compromiso de prevención da contaminación e da protección do medio ambiente, realizando as nosas actividades co menor impacto e potenciando o consumo razonable dos recursos.
  • A formación continua do persoal de Empresa Montañesa, S.L. facilitando os coñecementos necesarios para que poidan desenvolver a súa actividade co máximo respecto ao entorno, coas medidas de seguridade adecuadas, e enfocándoa a satisfacción dos clientes e do conxunto das áreas da Organización.
  • Compromiso de cumprir todos os requisitos aplicables e de mellorar continuamente a eficacia do Sistema Integrado de Xestión, sempre na busca da plena satisfacción dos nosos clientes e da mellora do desempeño.
  • O uso de vehículos de alta gama que permitan asegurar o cumprimento da normativa en materia de seguridade e medio ambiente.

Todas estas premisas deben repercutir en conseguir a confianza dos nosos clientes: boa imaxe, fidelización e control do gasto.

Por todo isto, a Dirección comprométese a mellorar continuamente a eficacia do Sistema Integrado de Xestión mediante revisións do sistema e mediante o establecemento e seguimento de obxectivos e metas.

Esta política do Sistema Integrado de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saúde é entendida, implantada e mantida ao día en todos os niveis da Organización e conta co total compromiso da Dirección de Empresa Montañesa, S.L. que a establece, a desenvolve e a aplica.

En O Carballiño, a 12 de Decembro de 2017

Asdo: Manuel Carballeda Ramos

(Administrador)