Políticas de Calidad y Medio Ambiente

POLÍTICA DE CALIDADE, MEDIO AMBIENTE E SEGURIDADE E SAÚDE

 

 

EMPRESA MONTAÑESA, S. L. somos unha empresa dedicada ao transporte de viaxeiros por estrada que entendemos a Calidade, a Xestión Ambiental e a Seguridade e Saude no Traballo como o instrumento de xestión mediante o cal se planifican e desenvolven todas as nosas actividades, de maneira que se consiga o cumprimento dos requisitos legais establecidos, das especificacións dos nosos servizos, á vez que se obtén a satisfacción dos nosos Clientes e Usuarios, a minimización do impacto ambiental e a seguridade e saude no traballo. Todo empregado da nosa organización, desde a dirección ata o de máis recente ingreso, ten que ter en mente a orientación ao cliente, á xestión ambiental e a seguridade e saude no traballo, convertindo isto nas metas comúns e no eixo fundamental do seu traballo. Esto permitiranos coñecer as necesidades, queixas, suxestións e desexos dos nosos clientes e satisfacelas plenamente, coñecer os impactos ambientais xerados polas nosas actividades de xeito que se asegure ao máximo a protección ambiental en todas as nosas actividades e coñecer os perigos, os riscos e as oportunidades de mellora do desempeño para a seguridade e saude no traballo de xeito que se xestionan eficazmente para previr lesións e deterioro da saude relacionados co traballo aos traballadores e a outras persoas que poidan verse afectadas polas nosas actividades e proporcionar lugares de traballo seguros e saudables. É por elo que en EMPRESA MONTAÑESA, S. L. optamos pola adopción dun modelo de xestión segundo as normas UNE-EN ISO 9001:2015, UNE-EN 13816:2003, UNE-EN ISO 14001:2015 e ISO 45001:2018 e pola implantación dunha Política de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saude no Traballo, que se sustente nas seguintes premisas, que son á vez o marco de referencia para o establecemento dos nosos obxectivos e metas:

  • Involucrar ao noso persoal, mediante a formación e información e coas súas aportacións, na consecución da mellora continua que perseguimos para a realización dos servizos de transporte.
  • Compromiso de cumprir cos requisitos legais e outros requisitos e de mellorar continuamente a eficacia do sistema de xestión de calidade, sempre en busca da plena satisfacción dos nosos clientes.
  • O uso de vehículos de alta gama que permitan asegurar o cumprimento da normativa en materia de seguridade e ambiental.
  • Coñecer e satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes, así como os requisitos legais e regulamentarios que resulten de aplicación en cada caso.
  • Planificación das nosas actividades de tal forma que se asegure a prevención da contaminación, garantizando a mellora continua do noso comportamento na xestión ambiental.
  • Formación, sensibilización e motivación sobre protección ambiental para lograr unha participación máis activa do persoal, elaborando e impartindo accións permanentes.
  • Compromiso de proporcionar condicións e lugares de traballo seguros e saudables para a prevención de lesións e deterioro da saude relacionados co traballo aos traballadores, de eliminación dos perigos e minimización dos riscos para a seguridade e saude no traballo tomando medidas de prevención e protección eficaces e de toma de accións proactivas para abordar as oportunidades de mellora do desempeño da seguridade e saude no traballo.
  • Fomentar a consulta e participación dos traballadores e os seus representantes nas decisións relacionadas coa seguridade e saude no traballo.

Todo elo debe repercutir en conseguir a confianza dos nosos clientes: boa imaxe, fidelización e control de gasto. Por todo isto, a Dirección comprométese a mellorar continuamente a eficacia do Sistema de Xestión de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saude no Traballo mediante revisións do sistema e mediante o establecemento e seguimento de obxectivos e metas de calidade, medio ambiente e seguridade e saude no traballo. Esta Política de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saude no Traballo é entendida, implantada e mantida ao día en todos os niveis da organización e conta co total compromiso da Dirección de EMPRESA MONTAÑESA, S. L., que a establece, a desenvolve e a aplica. En O Carballiño, a 1 de Xullo de 2020 Asdo.: Manuel Carballeda Ramos (Administrador)